O Municipio

Delimitación do Concello (1889-1890)

DIVISORIA DE CALDAS

Desde a nomeada cancela de almorzar, en que termina Saiar, seguindo o curso do río Umia en dirección ó Leste ata a confluencia deste río co de Chaín medíronse oitocentos metros.

Desde esta confluencia en dirección ó Sudoeste seguindo o curso do sinuoso río Chaín pola súa marxe esquerda e ladeira de Portas ata a nomeada Ponte Chaín medíronse cincocentos corenta metros.

Desde a ponte Chaín na mesma dirección seguindo o curso sinuoso deste río pola marxe esquerda e ladeira de Portas ata a confluencia do arroio de Corbello medíronse oitenta metros.

Desde esta confluencia seguindo o curso sinuoso do río de Corbello quedando Caldas na súa dereita ó Leste e Portas na súa esquerda ó Oeste medíronse cincuenta metros onde se colocou ou ha de se colocar un marco.

Desde este suposto marco atravesando dito río Corbello liña recta en dirección ó S.E. ata un marco que está fixo ó Oeste do Bosque de Corbello, da casa da Peroxa no camiño de carro que sigue a Villadeamigo medíronse cincuenta e cinco metros.

Desde este marco liña recta en dirección á casa nova da Peroxa ata encontrar a presa de auga que ven desde a presa ata as herdades de Ponte-Nova, medíronse trescentos metros.

Despois seguindo por dita presa en dirección ó Sur ata o camiño dos muíños que para á ponte de madeira deixando á parte do Leste para Arcos das Vegas do Mangon, Paridas e Secas, e á parte do Oeste para Portas o monte e bosque da Peroxa, medíronse mil cincuenta metros.

Desde dita presa e camiño que a atravesa para a ponte de madeira, continúa a división en dirección ó Sur ata a fonte do Ladrido de afora, cuxa distancia mide cen metros, quedando a casa do caseiro para Portas e os muíños para Caldas.

Desde dita fonte do ladrido en dirección ó Sur seguindo un valado que separa ó Leste para Caldas ou Arcos as herdades do mesmo Ladrido, Lanviorca e Lagoafría, e ó Oeste para Portas as toxeiras de Marado e brañas de Porto Barreiro ata o camiño que baixa dos Fontáns a Lagoa Fría un pouco ó vendaval da presa de Brañinas que baixa o río de Goldar, medíronse trescentos metros.

Desde o referido camiño que baixa de Fontáns a Lagoa Fría, seguindo en dirección ó Sur por outro camiño de carro sinuoso de Portameijeiras, ata outro camiño que lle cruza e ven do lugar de Salaceda ás toxeiras Amendos e veigas de Gabín, deixando ó Leste para Arcos as toxeiras de Rociñas e Agrodan e ó Oeste para Portas outras toxeiras de Agrodan e as herdades de Raiola, medíronse quiñentos vinte metros.

Desde a cruz de ditos camiños sigue a división en dirección ó Leste polo sendeiro das toxeiras de Amendos liña recta ata o río de Goldar por onde atravesa o camiño que ven de Arcos ás veigas de Gabin quedando ó Norte de dito camiño e Oeste do río para Arcos a herdade de José Silva Fontán de Arcos e outras ó Sur do mesmo camiño para Briallos la de José Fontán Sanmartín e outras, sendo a distancia entre estes dous puntos a de trescentos corenta metros.


Desde o camiño expresado que corta o río sigue a división polo mesmo río en dirección ó Sur ata chegar a unha presa de auga que baixa da estrada e desauga no propio río, cuxo traxecto mide corenta metros.

Despois continúa a división deixando o río en dirección ó Leste pola referida presa, en liña sinuosa ata a estrada de Caldas a Pontevedra, quedando os terreos do Norte da mesma presa para Arcos e os do Sur para Briallos. A distancia de dita presa entre o río e a estrada tomada en liña recta e prescindindo das súas sinuosidades é de douscentos corenta metros quedando polo Norte do sobre dito terreo dos herdeiros de D. José Pena e outros e polo Sur o dos herdeiros de Domingo Antonio Dafonte e outros.

Desde a mencionada estrada sigue a división en dirección ó Leste pola mesma presa de auga cortando dous camiños de carro que pasan de Arcos a Briallos e varias herdades de Arcos ó Norte e de Briallos ó Sur, ata chegar á esquina do Leste da tomada vella que levan os herdeiros de Benito Rodríguez en término da parroquia de Arcos onde se fixará, un marco distante corenta metros dunha mina que hai máis arriba ó Oriente en monte común. A distancia que hai desde a estrada ata a esquina do Leste da expresada vella prescindindo de certas sinuosidades é de oitocentos metros, debendo advertirse que ós oitenta metros partindo da estrada encontrouse un marco divisorio ó Sur da presa mencionada, pegado a ela, sobre a finca do Sr. Malvar que está enclavada en Briallos.

Desde a esquina da expresada tomada Vella continúa a división na mesma dirección ó Leste pola mesma presa ata a distancia duns corenta metros e logo sigue case en liña recta por un valado de terra ata unha pedra marcada, cos seguintes caracteres (B - A); distante cento oitenta metros de dita esquina da tomada Vella.

Desde esta pedra formando ángulo aberto cara Arcos coa liña anterior prosigue a división en dirección ó Nordeste en liña recta ata outra pedra máis grande que está abaixo da Vicuda sinalada coa seguinte inscrición (Ano 1866 B A) distante cento vinte metros da anterior ó NO, da cal queda o monte común de Arcos e ó S.E. o de Briallos.

Desde esta pedra sigue a división na mesma dirección e rectitude ata outra máis peequena sinalada con estes caracteres (B A) distante trescentos corenta metros da anterior.

E desde esta pedra continúa a división declinando algo menos dun semicuadrante cara o Norte en liña recta formando ángulo obtuso coa anterior aberto cara Arcos ata dar na pedra chamada da Grada o dos tres Curas que dista quiñentos trinta e catro metros da anterior, e se lle nomea quizá así por ser un punto divisorio de que irradian os tres Concellos de Caldas contra o Norte, Portas contra o Sur e Moraña contra o Leste. Por conseguinte aquí dáse por terminada esta divisoria.


DIVISORIA ENTRE PORTAS e BARRO

Principiando no marco anterior divisorio con Moraña diríxese a liña cara o Oeste ata dar na cancela da eira de Andrés Pena distante cincuenta e oito metros do expresado marco, quedando Briallos ó Norte e Barro ó Sur.

Desde esta cancela, que está polo Oriente do camiño que vai de Búa a Moraña, sigue a división en dirección ó Sur en liña recta formando ángulo coa anterior ata a porta travesa da Capela de Búa distante cento sesenta metros de dita cancela, quedando Briallos ó Oeste e Barro ó Leste; pero como estes puntos son inaccesibles debe fixarse un marco na metade do traxecto.

Desde dita porta da Capela de Búa baixa a división polo camiño de carro que di ó levante da casa de Jacinto Verde dando a volta sobre o Oeste ata o Portillo das veigas de Canle do Souto distante cento vinte metros da referida porta tomados polo camiño de carro.

Desde este Portillo esténdese a división en dirección ó Sur liña recta ata a presa de Porto-Fornelos onde lle cruza o camiño que baixa de Búa, distante douscentos metros do Portillo, debendo fixarse un marco ós sesenta metros partindo de dito Portillo por ser inaccesibles os extremos.

Desde a presa do Porto-Fornelos sigue a división en dirección ó Oeste liña recta formando ángulo obtuso coa anterior ata dar nun marco sinalado cunha R que separa monte común de Briallos da Devesa Nacional de Barro que hoxe posúe D. Andrés Vidal, distante cento vinte metros de dita presa; pero como son inaccesibles estes puntos debe fixarse outro marco corenta metros antes de chegar a este último punto.

Desde aquí continúa a división en dirección ó Sur liña recta formando ángulo coa anterior ata dar noutro marco marcado como o anterior que separa o monte común de Briallos da Devesa Nacional de Barro quedando o primeiro ó Oeste e a segunda ó Leste cuxo marco dista setenta e dous metros do que precede.

Desde este marco último esténdese división polo camiño de carro que vai de Búa a Briallos en dirección ó Oeste formando ángulo coa anterior ata chegar ó pozo chamado do Ramo que dista cen metros do marco anterior.

Desde este pozo do Ramo e camiño sigue a división en dirección ó Sur formando ángulo coa anterior baixando por un regato ata outro camiño de carro que vai de Priorato ós muíños de Barosa, cuxo camiño dista cento setenta metros do anterior.

Desde este camiño continúa a división na mesma dirección case recta baixando polo centro dunha cañada ata dar en socalco que sostén terreo dos herdeiros de Ignacio Cobas distante cento oitenta metros do camiño anterior quedando Barro ó Leste e Briallos ó Oeste.

Desde este socalco continúa a división na mesma dirección liña recta baixando polo centro dunha finca de Ramón Eirín, chamada da Fontán ata dar no camiño de carro que baixa dos muíños de Barosa á Maquieira distante cento vinte metros do punto anterior.

Desde este camiño sigue a división coa mesma dirección, aínda que declinando algúns grados cara o Oeste, baixando por un regato de auga, que nace en dita finca da Fontan de Ramón Eirín ata a esquina S.O. da casa de Juan Antonio Frieiro enclavada en Barro que sirve de marco, distante noventa metros de dito camiño.

Desde o esquinal de dita casa baixa a división en liña recta cortando o cuarto da casa de Antonio Cancela Porta ata a esquina o ángulo que forma o camiño que baixa do lugar referido de Maquieira co que sae da casa dos herdeiros de Ramón Cousido distante oitenta e cinco metros de dito esquinal.

Desde este punto esténdese división polo camiño de carro chamado Congostra de Chivós en liña sinuosa ata o río que baixa de Barosa, distante oitenta metros, quedando Barro ó Leste e Briallos ó Oeste.

Despois continúa a división polo mesmo río ata chegar á ponte Barosa e estrada de Caldas a Pontevedra, formando liña sinuosa en dirección ó Oeste que medida pola vía máis corta conta trescentos trinta metros, quedando Briallos ó Norte dereita do río e Barro ó Sur esquerda do mesmo.

Desde a mencionada estrada baixa a división polo expresado río Barosa ata a confluencia do río pequeno que dista cento setenta metros da Ponte Barosa.

Desde dita confluencia continúa a división polo propio río con dirección ó Norte ata chegar ó regato do Rejengo que desauga no mesmo distante oitenta metros.

Desde este punto, deixando o río Barosa, sigue a divisoria con dirección ó Oeste ata o muro do cuberto que ten Ramón Fontán polo Sur da súa casa habitación no castro de Briallos distante catrocentos metros de dito río -quedando Briallos ó Norte da liña e Baliñas ó Sur.

Despois continua a división con dirección o Oeste liña recta formando ángulo obtuso contra Baliñas ata un marco que está polo Oeste do camiño de carro que vai do Castro a Porto Casas distante setenta metros do punto anterior.

Desde este marco sigue a división na mesma rectitude e dirección, cortando polo Centro a casa numero dezasete de Andrés Rodríguez Barosela ata outro marco colocado tres metros ó Sur dunha casa palleiro de Jose Alonso Brea de Briallos que dista douscentos cincuenta e oito metros do marco anterior debendo advertir que ós noventa metros de partida de dito marco anterior encóntrase o camiño de carro que vai do Castro a Baliñas. Desde este último marco esténdese división da mesma dirección liña recta ata outro situado na Bouza das Cruces dous e medio metros ó Norte do cerrado de Francisco Poza e un pouco ó Oeste do camiño que vai das Cruces á Igrexa de Baliñas, distante douscentos noventa metros do anterior pero como ambos son inaccesibles debe fixarse outro na metade do traxecto.

Desde este último da Bouza das Cruces quedando Briallos ó Norte e Baliñas ó Sur continúa o perímetro divisorio polo camiño de carro que vai das Cruces á fonte da Prata formando ángulo obtuso coa anterior cara Baliñas ata a distancia de douscentos noventa e oito metros onde se encontrou o burato doutro marco extraído a catro metros contra o Norte de dito camiño.

Desde este punto continúa a división liña recta cara o Oeste ata outro marco que dista cento noventa e cinco metros do anterior pero como son inaccesibles debe fixarse outro intermedio a setenta e oito metros de distancia do último, quedando o monte común das Cruces ó Norte e o de Baliñas ó Sur.

Desde este último marco continúa o perímetro liña recta en dirección ó Oeste ata outro colocado ó Sur da esquina da tomada de Maráns en monte común deste nome distante douscentos trece metros do anterior quedando o monte común das Cruces ó Norte e o de Baliñas ó Sur.

Desde este marco de Maráns declina o perímetro en dirección ó Sur liña recta formando ángulo case dun cuadrante da anterior cara Baliñas e esténdese ata a esquina do Norte do piñeiral de Bagañeira, propiedade de D. Andrés Vidal coa distancia de quiñentos cincuenta e cinco metros debendo fixarse noventa metros antes no cume do monte común de Bagañeira outro marco que vexa o anterior e posterior, quedando Portas e Romai ó Oeste e Baliñas ó Leste.

Desde esta esquina baixa a división pola cerradura de dito piñeiral de D. Andrés Vidal e logo polo camiño de carro en dirección ó Sur liña recta formando ángulo obtuso coa anterior cara Romai ata chegar a un marco sito en medio da Veiga da Cuña distante setecentos sesenta e oito metros de dita esquina.

Desde este marco esténdese división liña recta formando ángulo obtuso coa anterior contra Baliñas cara o S.E. ata a esquina do Leste do Bosque de Porto do Salto distante quiñentos sesenta metros pero como estes puntos son inaccesibles debe fixarse outro marco na metade do traxecto que vexa o anterior e a esquina do bosque, quedando Balíñas ó Leste e Romai ó Oeste.

Desde esta esquina esténdese liña con declinación ó S.O. liña recta formando ángulo obtuso cara Romai ata chegar á pedra de Fonte Coba onde principia a división con Meis distante trescentos metros de dita esquina quedando varias propiedades particulares de Porto de Romai ó N.O. e outras de Martín Diz Goldar e outros para Baliñas ó S.E.

Traducción ó galego de traballo practicado por D. Jesús Vila (1889-1890)

Fuente: http://usuarios.lycos.es/concelloportas/varios/limites/index.html